Precisamos mais honestidade,
menos líderes e mais exemplos.
Menos odio e mais diálogo.
Mais vulnerabilidade, que non debilidade.
Liberarnos da máscara,
permitirnos ser e estar.
Estou crispada, enfadada e airada:
Convertímonos nunha sociedade de apariencia,
nun mundo feliz que nos da o pracer efímero constante
para evitar que miremos dentro.
Eu teño a sensación de ter estado fóra de min,
ou demasiado dentro.
Esto que me atravesa non é meu.
A dor, a pena absorvida,
a meditación e a introspección,
precisan canalización.
A raiba, compartida,
é semente.