Es a letra que falta no meu abecedario,
que decide non rimar.
O soño do que non quero despertar.
Es a ansiedade da mañá e da lúa,
das brétemas e da choiva.
A poesía deste meu querido outono.
Escápaste polo vento como a auga
entre os meus dedos.
A caída da folla, a explosión de malas novas.
A ausencia delirante, a soidade ameazante,
o medo que me impide erguerme.
Es todo i es nada.
O coitelo e o cravo, a tirita
e a auga oxigenada.
Hoxe.
Mañá pode que tan só sexas un recordo difuso,
unha memoria tra-la nube negra.
Porque o que pasa, perece,
e o que non, non permanece.