Poesía

Poesía é vida,
e aquela folla da figueira,
aquela cadeira vermella na que me sentaba de pequena.

Poesía é meu nome,
e as bágoas que os meus ancestros depositaron en min.

Poesía non es só ti,
non só son os teus ollos,
son tamén cos que eu me miro a min.

O lastre do pasado,
que non deixa renacer a liberdade.

A miña terra, da que non quero marcharme.

Teño dentro un mundo cheo de ideas de cores,
de bandeiras brancas, de muros derribados.

Os meus... deixarémolos a un lado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario